SINOPSE
Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa: un Mozo chinés sofre unha forte dor de moa na cociña do restaurante de comida rápida Tailandés-Chinés-Vietnamita, O Dragón de Ouro. Non ten permiso de residencia, nin cartos e non pode ir ao dentista. Os compañeiros deciden arrincarlla. O Mozo tampouco atopa a súa irmá desaparecida.
No edificio viven moitos veciños. No balcón sobre o Dragón de Ouro, un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación porque o seu mozo non quere fillos. No piso de abaixo, un home, a quen deixou a súa muller, visita ao seu amigo, un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución. Dúas azafatas comen no restaurante. Unha delas atopa e garda un moa que caeu na súa sopa tailandesa.
Intercalada entre as escenas, está inserida a Fábula da Cigarra (que non gardaba nada no verán) e pídelle á Formiga que lle dea de comer durante o inverno. Ela acepta e obrígaa primeiro a traballar de balde, despois á prostitución que a Cigarra soporta ata que unha formiga vella (o avó) lle arranca unha antena e despois é gravemente ferida por unha formiga nova (o noivo). O mozo chinés morre desangrado na cociña do Dragón de Ouro. Os seus colegas envólveno nun tapiz e tírano ao río, que o leva a súa casa, ata a China, imaxinando o seu derradeiro soño. Inga, unha das azafatas, tira tamén a moa ao río.
FICHA ARTÍSTICA
AUTOR:
Roland Schimmelpfenning
TRADUCIÓN:
Albert Tola
TRADUCIÓN GALEGO:
Catuxa López Pato
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN:
Ánxeles Cuña Bóveda
ELENCO:
Fina Calleja
Fernando Dacosta
Sabela Gago
Fernando González
Fran Lareu
FICHA TÉCNICA
Escenografía e video arte: Iris Branco
Deseño de iluminación: Laura Iturralde
Deseño de vestiario: Ruth Díaz Pereira
Asesoramento do movemento: Rut Balbís
Asesoramento do Texto: María Peinado
Campo Sonoro: Renata Codda Font
Composición musical: Vadzim Yuknhevich
Fotografía: Rubén Vilanova
Gravación en Dvd: Alba V. Carpentier
Técnicos de Luz e Son: José Bayón / Rubén Dobaño
Deseño Gráfico: Peatón Gráfico
Realización Vestiario: Santos Salgado
Realización Escenografía: Carlos Domínguez
Comunicación: Alberto Ramos
Produción: Fina Calleja
Distribución: Carlos M. Carbonell. Crémilo