ELENA SEIJO

Licenciada en Pedagoxía e formada en teatro desde o ano 1981 con diversos profesionais como por exemplo: Malonda, Fermín Cabal, Guillermo Heras, Jesús Aladré, Martín Adjemian, Vicente Fuentes, Fabio Mangolini, Albert Boadella, Angel Facio, etc.

Actriz cofundadora de Sarabela Teatro realiza a súa labor actoral fundamentalmente nesta compañía, ainda que tamen ten traballado no C.D.G. e en varios programas e series de televisión como por exemplo, en CON PERDÓN, ou últimamente na serie LOS SERRANOTERRAS DE MIRANDA ou CASEIROS

É docente na Aula de Teatro Universitaria de Ourense, dende a que tamen coordina a MITEU cada ano.

Últimas montaxes con Sarabela:

2007. Margar no pazo do tempo de A. Cuña Bóveda

2008. Dáme veleno eu tamén soñar de A. Cuña Bóveda

2008. Cósima de Cris Baldwin

2009. A Esmorga de Blanco Amor (Dramaturxia de Begoña Muñoz e Carlos Couceiro)

2010. Konrad de Chistrine Nöstlinger (Dramaturxia de A. Cuña Bóveda)

2010. O incerto Señor Don Hamlet de Cunqueiro

2011. Tango de Slawomir Mrózek

2011. O asombro da auga de Fina Calleja

2012. A voar de Fina Calleja

2012. A viaxe a ningunha parte de F. Fernán Gómez (Dramaturxia de A. Cuña Bóveda)

2013. A idade da pavía de Arístides Vargas

2014. Pequenas certezas de Bárbara Colio

2014. O último dragón de Fina Calleja

2015. Ensaio sobre a cegueira de José Saramago (Dramaturxia de A. Cuña Bóveda)

Ten sido nominada como mellor actriz galega nos anos 1994, 1995, 1999, 2002, 2004 e 2005. E premiada á mellor actriz galega de reparto en 1995, na obra CAMA de Sarabela Teatro, e no ano 2002 á mellor actriz galega protagonista en SEXISMUNDA de Sarabela Teatro.

Sarabela S.L. conta con financiamento da Unión Europea – NextGenerationEU, no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia.