AUTOR: Fernando Fernán Gómez.
DIRECCIÓN: Ánxeles Cuña Bóveda.
DATA E LUGAR DE ESTREA: 21 de setembro de 2012. Auditorio Municipal, Ourense.
ACTORES: 8.
SINOPSE
“A viaxe a ningunha parte” é unha magnífica obra narrativa contada maxistralmente por Fernando Fernán Gómez e que SARABELA TEATRO adapta ao teatro con auténtica paixón.
É a historia duns “cómicos da legua” que vivían na España de hai unhas décadas e que percorrían camiños poeirentos ateigados de pobreza, co obxectivo de levar un sorriso, un respiro ás penurias dunha poboación gris, marcada pola miseria e a fame.
O cine ambulante estaba acabando cunha das profesións máis entrañables, onde os cómicos eran vistos con desprezo polo resto da sociedade, pouco máis ca xente vagabunda de baixa moral e tendente á vida libertina. Estes actores e actrices guindábanse á intemperie a representar as súas funcións ambulantes, obras dos irmáns Quintero, de Buero Vallejo ou de Calderón de la Barca, entre outros.
Os personaxes están moi ben definidos: O protagonista, Carlos Galván (Fernando Dacosta), entrañable, feble, inocente; o seu pai, Arturo (Lino Braxe), director da Compañía, tan só fixo unha cousa na súa vida, percorrer camiños representando funcións; Rosiña, Xulia e Xoana (Nate Borrajo, Sabela Gago e Fina Calleja) son mulleres duras e orgullosas; tamén aparece Solís “o peliculeiro”, Sofía Maldonado (Elena Seijo) a encargada das xestións da compañía; Carliños, fillo de Carlos Galván, é un mozo que entra na vida dos cómicos e critica con perplexidade o estilo de vida que levan.
Trátase de personaxes moi humanos, ante-heroes, cos seus medos moi ben definidos, pero cunha vitalidade extraordinaria, pobres xentes que cren que por riba de todo hai que vivir a vida que a cada quen lle tocou coa maior dignidade como “principal forza que move a terra” e a maior alegría posible, alegría que se filtra nas escenas cun humor excelente.
O riso, o pranto, a tenrura, a dor, o amor e a morte, todos os sentimentos e emocións humanos van enfiándose nesta peripecia na que tan só ao final descubrirá o protagonista o derradeiro sentido da súa viaxe.
FICHA ARTÍSTICA
Autor
Fernando Fernán Gómez
Dirección e Dramaturxia
Ánxeles Cuña Bóveda
Axudante de Dirección
Tito Asorey
Elenco
Fernando Dacosta
Fina Calleja
Nate Borrajo
Sabela Gago
Elena Seijo
Josito Porto
Lino Braxe
Jorge Casas
FICHA TÉCNICA
Proxección: Diego B. Urbano
Deseño de espazo escénico e vestiario: Suso Montero
Deseño de iluminación: Pedro Fresneda
Deseño de maquillaxe: Raquel Fidalgo
Cartaz e programas: Ghedesign
Fotos: Mario G, Herradón
Video: Alba Carpentierc
Técnico de son: Rubén Dobaño
Técnico de luz: Manuel Bayón
Técnico de escena: David Díaz
Espazo sonoro: Rennata Coda Fons
Produción Teatro Sarabela S.L.: Elena Seijo e Fina Calleja
Distribución: Fina Calleja