SEMENTE DE NÓS

SINOPSE


Desde o seu berce fundacional, Sarabela Teatro e Ollovivo co-producen este Docu-Drama: celebración-indagación vizosa e crítica de enorme interese social e cultural. Desde unha perspectiva contemporánea este proxecto achega, actualiza e espalla unha parte representativa do legado inxente de NÓS. Sumando sinerxías creadoras nunha proposta única. Unindo todo o talento de dous equipos ben coordinados e harmonizados. Apertando xéneros e linguaxes. Son, danza, interpretación, iluminación, música orixinal, proxeccións, documentos visuais… integrados nun mosaico que permite ás persoas que participan mergullarse na alma dunha época.
Buscamos achegar á cidadanía unha parte representativa do legado de NÓS, e facer unha homenaxe á altura das personalidades que formaron parte da Xeración. Trátase de amosar (con alegría e vontade) á mocidade e á cidadanía de onde vimos, tal e como eles fixeron cos seus coetáneos. Para celebrar o amor, a arte e a beleza, a cultura e a ciencia, a memoria e a esperanza.
Sentímonos semente de sangue e de creatividade e cremos que FACER VISIBLE unha herdanza de tal magnitude só é posible coa DIGNIDADE que merece e a ALTA ESTIMA que require.

FICHA ARTÍSTICA

Unha co-produción de Sarabela Teatro e OlloVivo
Dramaturxia e dirección escénica: ÁNXELES CUÑA BÓVEDA
Co-dirección: TITO ASOREY

Elenco

ROSA PUGA
FERNANDO DACOSTA
ALBERTO MEDEIROS
SANTI CUQUEJO
FRAN LAREU
FERNANDO GONZÁLEZ
ELENA SEIJO
NURIA SOTELO

FICHA TÉCNICA

Equipo escénico

Deseño de escenografía e iluminación: LAURA ITURRALDE
Deseño de vestiario: SARABELA TEATRO
Coreografía: NURIA SOTELO
Campo sonoro: TRILITRATE
Cancións: FERNANDO DACOSTA
Deseño gráfico: PEATÓN GRÁFICO
Fotografía: RUBÉN VILANOVA
Produción e distribución: FINA CALLEJA
Técnicos de luz e son: JOSÉ BAYÓN/ RUBÉN DOBAÑO

Equipo audiovisual

Dirección e edición: LUCÍA ESTÉVEZ
Creación vídeo-arte: MONTSE PIÑEIRO/ MELIMOLITA
Campo sonoro: TRILITRATE
Documentación: MARÍA NÚÑEZ
Produción: GASPAR BROULLÓN- OLLO VIVO
Gravación: ALEUTO
Postprodución e masterización: LETI ÁLVAREZ/ LA PANIFICADORA

DESCARGAS


axuda-acaae-logos

Sarabela S.L. conta con financiamento da Unión Europea – NextGenerationEU, no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia.