SINOPSE
A historia da humanidade é a historia da loita violenta polo poder, conclúe Shakespeare na que é considerada a súa última obra: “A tempestade”, traicións, tentativas de usurpación, usurpacións mesmas ocupan cada unha das tramas como un mecanismo que se repetise ata o infinito.
Só uns anos antes, o autor inglés mergullárase nos aspectos máis tenebrosos da alma humana para observar a historia dende unha traxedia íntima, familiar que alcanza o interese xeral: “Macbeth”.
O heroe-vilán, cun nome que dá título á traxedia, e a súa esposa, movidos por unha ambición sen límites morais, conseguen o trono de Escocia mediante o asasinato, desatando un inferno que non son quen de controlar. Macbeth é demasiado ambicioso para que a súa conciencia impida o asasinato e ten demasiada conciencia para ser feliz como asasino.
Conxuros, sinais, profecías, todo lle vale para espantar o seu medo, que non obstante, acrecéntase canto máis ten que perder. Todo lle vale para xustificar a súa viaxe á escuridade onde cre poder acabar coa incertidume de morrrer algún día.
Soñando coa inmortalidade Macbeth asasina a verdade e a liberdade, a súa e a de todos.
Como vai agora o mundo, señor? Pregunta un personaxe anónimo despois do asasinato do rei Duncan. É que non o ves? -respóndelle.
A pesar da estrañeza que hoxe nos produce unha obra que dá conta do mal de forma tan descarnada, o tempo non pasou.
Helena Pimenta, directora de Macbeth
FICHA ARTÍSTICA
AUTOR
William Shakespeare
DIRECCIÓN
Helena Pimenta
ASISTENTE DE DIRECCIÓN
María Gallego
ADXUNTO Á DIRECCIÓN
José Tomé
VERSIÓN
José Ramón Fernández
TRADUCIÓN AO GALEGO
Nate Borrajo
COLABORACIÓN ESPECIAL
Ánxeles Cuña Bóveda
ELENCO
Fernando Dacosta: Macbeth
Elena Seijo: Lady Macbeth
Tito Asorey: Ross
Fina Calleja: Bruxa 1, Malcolm
Suso Díaz: Duncan, MacDuff, Asasino 1
Sabela Gago: Bruxa 2, Enfermeira, Lady MacDuff
Xosé A. Porto “Josito”: Banquo, Vello Siward, Mensaxeiro
Nate Borrajo: Bruxa 3, Miliciana, Fillo
David Varela: Asasino 2, Médico, Xoven Siward
DATA E LUGAR DE ESTREA: 19 de xullo de 2006. Ourense
PREMIOS: 1 MARÍA CASARES
FICHA TÉCNICA
Deseño de escenografía e vestiario: José Tomé
Deseño de iluminación: La Faust und Volk
Deseño de maquillaxe: Carmela Montero
Espazo sonoro: Íñigo Lacasa, Jorge Muñoz
Deseño gráfico: 1:media
Realización estruturas: CMG
Realización escenografía: Sarabela Teatro
Fotografía: Mario G. Herradón, Alba Vázquez Carpentier
Vídeo: Alba VÁázquez Carpentier
Produción artística: Fina Calleja
Produción económica: Elena Seijo
Distribución: Fina Calleja
Técnicos de luz e son: Rubén Dobaño, J. Manuel Bayón
CONDICIÓNS TÉCNICAS
Escenario:
9 m. ancho
7,5 m. fondo
5,5 m. alto
Potencia eléctrica: trifásica a pé de escenario.
5 0.000 W.
Transporte da compañía: camión 6720 DDR