SABELA GAGO

Licenciada en Pedagoxía e Diplomada en Maxisterio.

Reside en Ourense onde compaxina a súa actividade como actriz e docente teatral na compañía Sarabela Teatro, co traballo de dinamización á lectura en Concellos, Cefores, Bibliotecas e Centros educativos de Galicia.

Formause dende 1975 ata a actualidade con mestres como Vicente Fuentes, Garrido Guzmán, Els Comediants, Ángel Facio, Isabel Úbeda, Fabio Mangolini, Ernesto Caballero o Helena Pimenta.

Fundadora en 1980 de Sarabela Teatro ten feito labores de administración e xestión, producción, marketín, dirección, docencia e participado como actriz en espectáculos como Margar (2007), Macbeth (2006), Así que pasen cinco anos (2003), Sexismunda (2001), A Esmorga (1996) ou Cama (1990) coa que levou o Premio Compostela de Interpretación. Ademáis foi actriz nos espectáculos do CDG Leoncio e Lena (1994) e Soño dunha noite de verán (1992) e participou nos audiovisuais: A vida por diante da TVG (2006), Cuando vuelvas a mi lado de Gracia Querejeta e Maitines da Escola da Coruña.

Exerce a docencia teatral no Campus Universitario de Ourense dirixindo espectáculos de rúa e codirixiu Torre de Lemos, espectáculo realizado na Torre da Homenaxe de Monforte durante os meses de verán.

Coordina a MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense) desde o ano 2011 e o FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense).

Últimas montaxes con Sarabela:

2007. Margar no pazo do tempo de A. Cuña Bóveda

2008. Dáme veleno eu tamén soñar de A. Cuña Bóveda

2008. Cósima de Cris Baldwin

2009. A Esmorga de Blanco Amor (Dramaturxia de Begoña Muñoz e Carlos Couceiro)

2010. Konrad de Chistrine Nöstlinger (Dramaturxia de A. Cuña Bóveda)

2010. O incerto Señor Don Hamlet de Cunqueiro

2011. Tango de Slawomir Mrózek

2011. O asombro da auga de Fina Calleja

2012. A voar de Fina Calleja

2012. A viaxe a ningunha parte de F. Fernán Gómez (Dramaturxia de A. Cuña Bóveda)

2013. A idade da pavía de Arístides Vargas

2014. Pequenas certezas de Bárbara Colio

2014. O último dragón de Fina Calleja

2015. Ensaio sobre a cegueira de José Saramago (Dramaturxia de A. Cuña Bóveda)

 

Web da actriz: http://www.sabelagago.com

Sarabela S.L. conta con financiamento da Unión Europea – NextGenerationEU, no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia.