LA GATA CON BOTAS

SINOPSIS

No noso espectáculo, un PALLASO EXTRAORDINARIO é contratado para contar o Gato con botas. De camiño ao teatro perde páxinas do libro e inventa a súa particular versión. UNHA GATIÑA reivindica o protagonismo das femias nos contos tradicionais. O PALLASO ponse no seu lugar e comeza unha linda historia de amizade. NANI (a gata), ten unha encomenda: protexer e axudar a MIGO, o fillo pequeno do muiñeiro de Cea que acaba de morrer. O PALLASO ten poderes para entrar no conto e faille as beiras á PRINCESA casadeira sen éxito. A RAÍÑA, preocupada polo estómago e o matrimonio da súa filla, advírtelle do infernal que pode ser un casamento sen amor. Mentres SIMÓN instrúe á Princesa, á que se lle resiste a Gramática, ningún dos pretendentes fai latexar o corazón da Infanta. NANI, axudada polo PALLASO, alenta a MIGO para ir ao castelo da PRINCESA por ver se namoran. E prodúcese o frechazo, pero A RAÍÑA rexeita o galanteo do mozo pobre, producindo inapetencia e rebeldía na moza. NANI pasa á segunda fase de operacións para acadar o ascenso social: lévalle comida ao castelo facéndose pasar por mensaxeira do MARQUÉS DE GARABÁS (falsa identidade de MIGO). Entre os froitos da terra van agochados poemas que se escriben os namorados. O plan vai vento en popa, pero hai que dar un paso máis: acabar co OGRO belixerante que se nutre de animais, nenos e nenas.
O gato con botas: conto amoral.
Forma parte do que se podería chamar CONTO DE FADAS, AMORAIS!
O Gato con Botas é un trampulleiro, mentirán, que conquista bens usando a malicia e estratexias pouco recomendables. Un pouco fanfurriñeiro!
A Gata con Botas é unha fervellasverzas, enxeñosa, que ten unha encomenda: protexer a un neno orfo e desorientado. Tamén pode usar estratexias pouco recomendables. Un pouco sabionda e curtida pola vida. Nani non entende de pobreza, nin de escravitude, nin de moral dun sector humano capaz das peores falcatruadas. Gústalle disfrutar da natureza e ten moitos talentos, entre outros é unha AMIGA portentosa…

«Os Contos de Fadas Amorais non mostran polarización ou xustaposición de persoas boas e malas; por iso estas historias amorais serven a un propósito enteiramente distinto. Tales contos ou figuras típicas, como o do Gato, que axuda ao heroe e consegue as súas fins coas trampas que imaxina, constrúen o personaxe non pola escolla entre o ben e o mal, senón dando a esperanza de que mesmo o máis mediocre pode ascender na vida.»

FICHA DE ARTISTA

AUTOR
Charles Perrault Ángeles Cuña

DIRECCIÓN
Ángeles Cuña Bóveda

SUBDIRECTOR
Nate Borrajo

ELENCO
Pallaso: TITO R. ASOREY
A Gata: ELENA SEIJO
Migo: FERNANDO DACOSTA
Raíña Nai: FINA CALLEJA
Princesa: SABELA GAGO
Simón: FERNANDO DACOSTA
Ogro: TITO R. ASOREY
Soldados: SABELA GAGO, FERNANDO DACOSTA y FINA CALLEJA

FECHA Y LUGAR DE ESTRENO: 28 de noviembre de 2004. San Sadurniño

OTROS ASPECTOS: Convenio coa Deputación Provincial de Ourense

FICHA TÉCNICA

Deseño de son: Arturo González
Deseño de escenografía e iluminación: Suso Díaz
Diseño de vestuario: Carlos Rodríguez
Máscaras: Jesús Costa
Fotografía: Mario G. Herradón

Producción artística: Fina Calleja
Producción económica: Elena Seijo

Público: Para niños

CONDICIÓNS TÉCNICAS
Escenario:
9 m. ancho
7,5 m. fondo
5,5 m. alto

Potencia eléctrica: trifásica a pé de escenario.
5 0.000 W.

Transporte da compañía: camión 6720 DDR

DESCARGAS

Sarabela S.L. cuenta con financiación de la Unión Europea – NextGenerationEU, en el marco de las subvenciones para la aceleración cultural en el ámbito de las artes escénicas de la Xunta de Galicia.