THE TONGUE OF BUTTERFLIES

SYNOPSIS

A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, Pardal; vaise descubrindo a historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas. O proceso de aprendizaxe que emprende o rapaz da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento) é testemuña tamén da traxedia que supón vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.Volver a Rivas é, para Sarabela, voltar a un dos seus autores “fetiche”. É, dalgún xeito, voltar a casa. Desde a chegada ao novo milenio, será esta a cuarta colaboración da Compañía co autor: O lapis do carpinteiro (2000), O heroe (2005) e Os libros arden mal (2007) – esta última foi unha lectura dramatizada-, foron as anteriores. Se con O Heroe se celebraron os 25 anos da Compañía, con A lingua das bolboretas celébrase o 40 aniversario de Sarabela. Conxugamos as historias de dous dos escritos de Manuel Rivas (A lingua das bolboretas e A Traxectoria do Balón) con ese equipo e co propósito de que a mensaxe chegue nidia ao tempo que se xoga coas imaxes e coa poética que nos leva a un espectáculo punteiro dentro da nosa historia escénica. O resultado emocionou ao autor o día da estrea.“Eu quería moito a aquel mestre, confesa Moncho. Ao principio, os meus pais non podían crelo. Quero dicir que non podían entender como eu quería ao meu mestre. Cando era un picariño, a escola era unha ameaza terrible. Unha palabra que cimbraba no aire como unha vara de vimbio: Xa verás cando vaias á escola!”.

ARTIST SHEET

THE TONGUE OF THE BUTTERFLY by MANUEL RIVAS
Direction and dramaturgy

GONÇALO GUERREIRO

Version

FERNANDO DACOSTA

List

ELENA SEIJO, JOSITO PORTO / CÉSAR GOLDI, FERNANDO DACOSTA, FRAN LAREU SABELA GAGO FINA CALLEJA


DATASHEET


Deseño de escenografía: GONÇALO GUERREIRO
Lighting design: BALTASAR PATIÑO
Espazo sonoro: GONÇALO GUERREIRO
Deseño de vestiario: TEGRA E LELE (MERCHIPILONCHI)
Utillería: CARLOS DOMÍNGUEZ
Atrezzo: SABELA GAGO e FINA CALLEJA
Maquillaxe ecaracterización: SARABELA TEATRO
Graphic design: EXPRESSIVE
Realización Escenográfica: AMENOSDE7METROS
Photography: OVIDIO ALDEGUNDE
Filmación e DVD: ALBA V. CARPENTIER
Web: DISIGNA EDENIA
Distribución: FINA CALLEJA/ MARÍACASAR
Artistic and economic production: CARLOS DOMÍNGUEZ DEL RÍO
Técnicos en escena: RUBÉN DOBAÑO, JOSÉ M. BAYÓN

DISCHARGES

CARTEL | PROGRAM

VIDEO