SINOPSE
Un avó e unha avoa, moi especiais, preocupados pola súa descendencia, tentan comunicarse con ela dende o alén. Un dos seus netos vive coa indefinible sensación do desaxuste co mundo, mentres as súas tías teñen a tola esperanza de poder axudar coas súas accións a facer máis levadeira a existencia dos infelices. Unha parella de actores disposta a non deixarse arrebatar a súa paixón. Outro neto perdido e recobrado; unha acompañante misteriosa, e un avogado a piques de perder o tren, tecerán un novelo fantástico. Obra para disfrutar das sorprendentes sensacións que nos invaden cando non sabemos que nos espera detrás dunha porta, ou cando tentamos atrapar a verdadeira natureza dun grupo de seres humanos no trebón da vida ao límite.
FICHA ARTÍSTICA
ESCRITA E DIRIXIDA
Ánxeles Cuña Bóveda
AXUDANTE DE DIRECCIÓN
Nate Borrajo
ELENCO
Tito Asorey: Avó, Duarte
Fina Calleja: Avoa, Sara
Fernando Dacosta: Io
Sabela Gago: Sofía
Elena Seijo: Ana
Josito Porto: Federico
Nate Borrajo: Ferme
David Varela: Xulio
DATA E LUGAR DE ESTREA: 9 de outubro de 2008. Teatro Principal, Ourense.
FICHA TÉCNICA
Escenografía: Antonio Pereira
Iluminación: Pedro Fresneda Martínez
Proxeccións: Suso Díaz
Vestiario: Ruth D. Pereira
Son: Arturo González
Maquillaxe: Cristina Couto
Deseño gráfico: Suso Díaz
Fotografía: Mario G. Herradón
Vídeo: Alba Vázquez Carpentier
Produción: Sabela Gago e Suso Díaz
Distribución: Fina Calleja
Técnicos en escena: Rubén Dobaño, José Manuel Bayón, David Varela e Suso Díaz