CRISTOVO E O LIBRO DAS MARABILLAS

SINOPSE


Sabemos da admiración que Cristóbal Colón sentía por Marco Polo. Coñecemos que O libro das marabillas do mercader veneciano acompañou ao navegante na súa viaxe coa intención de chegar por outra ruta a aquelas “indias” descritas douscentos anos antes. Recollemos esta fascinación para amosar en Cristovo e o libro das marabillas a un Colón neno ao que o mundo se lle queda pequeno e aborrece a escola. Cristovo quere viaxar e cre que a coraxe e a forza son a súa mellor carta de presentación. É inxenuo pensar que ninguén vai aproveitar tan boas intencións. Sofía e O libro das marabillas descubriranlle que a máis grande aventura está no coñecemento. Como se non un neno de doce anos pode coñecer Constantinopla, Samarkanda, as estepas tártaras ou a escintilante corte de Kublai Kan?

FICHA ARTÍSTICA

IDEA ORIXINAL
Fina Calleja

DIRECCIÓN
Fina Calleja

ASISTENTE DE DIRECCIÓN
Nate Borrajo

COLABORACIÓN ESPECIAL
Ánxeles Cuña Bóveda

ELENCO
Fernando Dacosta: Cristovo
Tito Asorey: Brüel e Bartolo
Sabela Gago: Sofía
Elena Seijo: Felipa
Fina Calleja: Blanquiña

Manipuladores:
José Bayón, Rubén Dobaños

Todos como xentes da vila

DATA E LUGAR DE ESTREA: 19 de xaneiro de 2007. Arteixo

FICHA TÉCNICA

Deseño de escenografía: Suso Díaz
Deseño de luz: Suso Díaz
Vestiario: Tegra
Sombras chinesas: Begoña Pérez-Herrero Moreno
Maquillaxe: Quique Martínez
Deseño de espazo sonoro: Renata Codda Fons
Producción: Sarabela Teatro
Asistente de producción: David Varela
Unidade Didáctica: Nate Borrajo
Deseño de Webquest: Nate Borrajo

Público ao que vai dirixida: Público Familar 6 a 12 anos en campaña escolar

CONDICIÓNS TÉCNICAS
Espazo recomendado:
8 m. embocadura
3,5 m. altura
7 m. fondo

Potencia eléctrica:
Trifásica con neutro a pé de escenario. 20.000 W.
Necesidades técnicas especiais: Non

DESCARGAS

Sarabela S.L. conta con financiamento da Unión Europea – NextGenerationEU, no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia.