ASEMBLEA XERAL

SINOPSE


Os nenos e nenas protagonistas desta peza buscan  un baúl que anos atrás agocharon os seus pais. Nel atoparán un auténtico tesouro: o libreto de “Asemblea Xeral” escrito por Lauro Olmo e Pilar Enciso. Xunto ao texto teatral,todo o necesario para a súa representación, aínda que algunhas páxinas están danadas polas formigas. Esas pequenas criaturas, que están por todas partes, ainda que poucos reparen nelas.
Unha enfermidade de causas descoñecidas espállase polo mundo e os animais
da selva buscan un culpable para calmar a cólera celestial… Convencidos de que o sacrificio dun deles reestablecerá o equilibrio e devolverá a saúde a todos, planean un xuízo no que cada animal confesará as súas culpas. Pero, como confiar na xustiza impartida só polos poderosos, pensa a Gata? De verdade que a solución a calquera conflito pasa por establecer unha fronteira entre bos e malos? Débiles e poderosos?
A peza escrita por Lauro Olmo e Pilar Enciso advirte a nenos e maiores sobre os perigos dos abusos do poder, cuestiona os mecanismos da xustiza e pon o acento na necesidade de educar para a paz, nos valores democráticos  como garantía para unha convivencia feliz e respectuosa entre iguais. Nesta versión actualizada, achegamos o espírito desta obra aos máis nenos, colocándoos no centro da peza e ateigando cada liña, cada escena, de xogos, de música, de brincadeiras… para garantir a reflexión e a diversión a partes iguais.
TEMAS:  A educación para a paz. O acoso. O pensamento crítico e os valores democrácticos.

FICHA ARTÍSTICA

Dirección

FINA CALLEJA

Tradución

FERNANDO DACOSTA

Versión

FERNANDO DACOSTA e FINA CALLEJA

Elenco

HÉCTOR MARTÍNEZ
FRAN LAREU
ELENA SEIJO
FERNANDO DACOSTA
SABELA GAGO

FICHA TÉCNICA


Deseño e realización de escenografía: A MENOS DE 7 METROS
Telón: SUSO MONTERO
Deseño de luz: JOSÉ MANUEL BAYÓN
Espazo sonoro: RENATA CODDA FONS / RAMÓN RAÍNDO
Arranxos musicais: RAMÓN RAÍNDO
Deseño gráfico: JOSE LAMEIRAS (PEATÓN GRÁFICO)
Fotografías: RUBÉN VILANOVA

DESCARGAS

VÍDEO



Sarabela S.L. conta con financiamento da Unión Europea – NextGenerationEU, no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia.