margar
no pazo do tempo
 
PRESIONA SOBRE AS IMAXES
PARA DESCARGALAS
EN ALTA RESOLUCIÓN
DESCARGAR DOSSIER | VER VIDEO


SINOPSE

MARGAR é unha ficción que ilumina algúns abismos recónditos do inconsciente humano. Verque unha OLLADA sobre a exclusión.

É unha historia que nos afecta directamente,  que aspira a abrirse a unha pluralidade de lecturas. Estamos diante dunha posta en escena intertextual e escenográfica onde a significación depende da observadora, Margar (con quen axiña vai identificarse o espectador/a), como fío condutor e posibilidade de síntese.

Hai un tratamento plástico, musical e xestual no que o texto é activado pola representación. Coloreado polas voces e polos xestos dos actores e actrices, tórnase físico, orgánico, adquire diferentes texturas nos sete núcleos da súa estrutura.

O laboratorio
Nesta primeira parte do espectáculo a atmosfera é racional. As imaxes remiten a escáneres, resonancias cerebrais, a doenzas da alma. Dous personaxes: Margar e o Doutor León falan do obxecto da Ciencia: investigar as doenzas e amortiguar a dor.

A rúa
Recollimos parte do pensamento de Giorgio Agamben.. (conceptos como campo; vida núa… ) como unha contribución valiosísima na análise política das sociedades contemporáneas. Cre que o home moderno volta para casa, á noite, extenuado por unha miscelánea de acontecementos – divertidos ou tediosos, insólitos ou comúns, atroces ou pracenteiros – sen que ningún deles se teña convertido en experiencia.” 
Cando Margar vai pola rúa ve persoas coma ela, perturbadas, desorientadas, deambulando… Necesita liberar o vento para que aflore o ser máxico; necesita abrir a súa mente; afastarse da vida robótica; saír da burbulla; RESPIRAR…

O pazo de repouso
A protagonista chega ao pazo onde é recibida por Aguia, personaxe que semella posuír unha dupla personalidade e o doutor Po, misterioso, observador, irresistible… Teñen unha sorpresa preparada para darlle a benvida.

As terapias: musical
O doutor Cam, director do establecemento, ten un método único cun programa experimental encamiñado a obter extraordinarios estados de liberación das almas atormentadas. Preséntalle a Pita, responsable da sección de Musicoterapia, alma máter do establecemento, experta en contos, cantos, refráns e citas, dotada dunha memoria prodixiosa; ao Orfeo, o seu curmán mudo e a Aguia.

Xadrez mítico
A segunda das terapias presta atención ao estudo dos mitos gregos mesturados co xadrez... Cam preséntalle a Margar outros tres colaboradores: Rula, Tiro e Nona, quen vai revelarse como responsable da terapia psicodramática. A súa  Antígona expresa o seu eu máis alá das limitacións que a orde imperante impón á muller. A súa ollada lexitima o seu propio sentir. As súas palabras liberan o medo para atopar a verdade. Constrúese un microcosmos onde o incoherente, o monstroso, o grotesco e o humor invirten os valores do sistema opresor. Hai unha apropiación “debida” do mito para remedar, encher doutros contidos o compromiso ético da obra coa sociedade. Antígona rexorde cada vez que a Historia se ve ensombrecida polos horrores da guerra, polos espectáculos de crueldade; rexorde cada vez que a dor, o espanto e a desolación deixan de ser conmovedoras figuras retóricas e pasar a ser amarga experiencia da realidade cotiá

Os efectos da sopa
Cabaret do bico Liberar a homes e mulleres da escravitude, da submisión; das regras seculares tiránicas. Interrogámonos sobre as marxes, sobre o caos e a orde, sobre o desequilibrio, sobre o poder liberador dos afectos e do erotismo…

Os sete eus
O número sete tamén atravesou a obra. As sete portas de Tebas. As sete marabillas do mundo. Os sete científicos/artistas…; os sete chakras, pero os sete eus atravesan dun xeito particular a historia. En Margar no pazo do tempo, hai moita oscilación entre os símbolos, o imaxinario, o intercambio de correntes metafóricas e o espazo cara ao que camiña o desexo… o lugar no que o personaxe se desprega no inaccesible e onde o eu “real” volve máis espido que antes na lembranza morriñosa da outra escena na que cae a escena verdadeira.

A liberdade é o primeiro paso para avanzar, si; pero…


 

AUTOR

Ánxeles CuÑa BÓveda

DIRECCIÓN
Ánxeles CuÑa BÓveda


AXUDANTE DE DIRECCIÓN
Nate Borrajo


ELENCO
Nate Borrajo: Margar
Fernando Dacosta: Dr. León / Dr. Cam
Fina Calleja: Pita
Suso DÍaz: Po
Elena Seijo: Nona
XosÉ A. Porto "Josito": Aguia
Sabela Gago: Rula
Tito Asorey: Tiro
Yuri Sidar: Orfeo
(músico en escena)


REPARTO ARTÍSTICO E TÉCNICO
Deseño de escenografía
e iluminación:
Suso DÍaz

Deseño de vestiario:
Ruth D. Pereira

Deseño de proxeccións:
Diego Blanco Urbano
e Suso DÍaz

Espazo sonoro:
Arturo GonzÁlez
Deseño de maquillaxe: Raquel F. Fidalgo
Realización estrutura metálica:
CM Manuel GonzÁlez

Realización escenográfica:
Sarabela Teatro

Realización vestiario:
Santos Salgado,
Clotilde Vaello
e Milagros ReimÚndez

Gravación de efectos de son:
JosÉ Lameiras

Deseño Gráfico:
1:MEDIA comunicaciÓn
Fotografía:
Mario G. HerradÓn

Vídeo:
Alba V. Carpentier

Técnicos de luz e son:
J.M. BayÓn e RubÉn DobaÑo
Técnicos en xira:
Suso Díaz, J.M. BayÓn
e RubÉn DobaÑo


Produción económica:
Elena Seijo
Produción artística:
Fina Calleja