SINOPSE
Gregor Samsa leva cinco anos ocupándose da mantenza da súa familia, dende que morreu o seu pai. Un día, Gregor esperta e sente que xa non pode máis. Incapaz de levantarse da cama, o mundo preséntaselle como un lugar inhóspito e agresivo. A familia intenta comunicarse con el, pero todos os seus intentos son inútiles.
As tres mulleres -avoa, nai e irmán- que viven endebedadas e que dependen de Gregor para sobrevivir, entran en pánico ante a visión de non poder recuperarse da quebra financiera causada polo pai desparecido. Tentarán manter a orde e a normalidade con distintas estratexias, todas elas inútiles.
A mirada da familia irá animalizando a Gregor, que se vai sentindo como un parasito. Para elas, el non é máis que un becho e el mesmo acabará aceptando a súa condición de monstro.
A Metamorfose mostra a necesidade do ser humano de ser recoñecido, valorado e amado polo que é, non polo que produce ou achega.
Que pasa cando deixamos de ser útiles para a sociedade? Ou para os demais? Temos dereito a cambiar, a transformarmos, en calquera momento da nosa vida?
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
DIRECCIÓN
Carlos Álvarez Ossorio
VERSIÓN
Carlos Álvarez Ossorio
ELENCO
Fina Calleja
Fernando Dacosta
Sabela Gago
Elena Seijo
Fernando González
REPARTO TÉCNICO
Deseño de iluminación e escenografía: Baltasar Patiño
Videomaping: Iris Branco
Realización escenográfica: Amenosde7metros
Deseño de vestiario: Ruth Díaz Pereira
Dramaturxia do movemento: Nuria Sotelo
Campo sonoro: Renata Codda Fons
Fotografías: Rubén Vilanova
Gravación en Dvd: Alba V. Carpentier
Deseño gráfico: Redeiras.net
Técnicos de luz e son: José Bayón e Rubén Dobaño
Produción artística: Fina Calleja
Produción económica: Carlos D. del Río
Distribución: Culturactiva / Sarabela Teatro



























