A CINCENTA QUE NON QUERÍA COMER PERDICES

SINOPSE

Este conto podería comezar dicindo: “Unha vez había unha moza que non estaba soa e unhas perdices que voaban felices”, pero non. Partimos da historia escrita por Nunila López Salmero para desmontar os falsos mitos ao redor do amor romántico, para falar de tantas historias de princesas liberadas por príncipes azuis que, en demasiados casos saen ras. “A cincenta que non quería comer perdices” é un conto moderno que revisa con humor o papel que desempeñou a muller durante moito tempo. É un alegato que defende a liberdade de ser quen unha queira ser e como unha queira ser.

O conto chama á porta de todas as idades porque todos son o espello da época na que foron escritos e porque falan dunha serie de arquetipos e temas que percorren a literatura popular e o noso imaxinario desde hai moito tempo. Por iso as relecturas que se están facendo desde hai anos son importantes, porque son unha invitación a redescubrir a forma en que se tratan temas como a curiosidade ou a independencia feminina, pero tamén a esa estraña obsesión con danar os pés das mulleres en diferentes contos.

FICHA ARTÍSTICA

Baseado no conto de Nunila López Salamero

Dramaturxia e dirección: Fina Calleja

Elenco: Elena Seijo, Fernando Dacosta e Sabela Gago

FICHA TÉCNICA

Deseño de escenografía: “Amenosde7metros”

Deseño de vestiario: Sarabela Teatro – Tegra V. Carpentier

Imaxe e soportes audiovisuais: Iris Branco

Deseño de Iluminación: Baltasar Patiño

Coreografía: Rut Balbís

Espazo Sonoro: Renata Codda Fons

Fotografías: Rubén Vilanova

Deseño gráfico e comunicación en RRSS: Redeiras.net

Vídeo: Ohh!-VÍDEO

Produción artística e económica: Fina Calleja – Carlos Domínguez

Técnicos en escena: José Manuel Bayón e Rubén Dobaño

DESCARGAS

PROGRAMA / CARTEL / DÍPTICO / VÍDEO PROMO 1 / VÍDEO PROMO 2 / FOTOS

VÍDEOS

Sarabela S.L. conta con financiamento da Unión Europea – NextGenerationEU, no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia.