TANGO 2011


AUTOR: Slawomir Mrózek.
DIRECCIÓN: Ánxeles Cuña Bóveda.
DATA E LUGAR DE ESTREA: 23 de setembro de 2011. Auditorio Municipal, Ourense.
ACTORES: 7.

SINOPSE


O tango do título é un baile-reto no que se amosan as relacións internas dunha familia, concibida como metáfora da sociedade e que serven para amosar de forma traxicómica e grotesca o mundo contemporáneo e o tema da rebelión xeracional. “Tango” é unha das obras máis relevantes do teatro europeo en todo o mundo. Reclama a necesidade dunha nova comprensión dos tempos que vivimos.
A acción desenvólvese na casa dunha familia moi particular. A extravagante avoa Lilith e a tía Xena, aparentemente inofensiva, son as representantes da xeración máis vella. O pai, de nome Stomil e a nai, Eleanora, son artistas que pertencen a unha vangarda desaparecida, que se manifesta a favor da liberdade do individuo e que se comporta de xeito descoidadamente “informal”. O fillo, Artur, que estuda tres carreiras, e Ala, a súa moza, son os membros máis novos. Prepáranse para casar con toda a “pompa” e crear así unha nova familia. Porén, primeiro Artur cre que ten que ordenar o caos que impera ao seu redor. Tamén habita a casa un misterioso estranxeiro…
O drama comeza cando a un certo Hamlet lle dá por ordenar o mundo.

FICHA ARTÍSTICA

AUTOR

Slawomir Mrózek

DIRECCIÓN E DRAMATURXIA

Ánxeles Cuña Bóveda

AXUDANTE DE DIRECCIÓN

Eva Ferreira

ELENCO

Fina Calleja : Avoa
Vicente De Souza: Édek
Elena Seijo: Xena
Fernando Dacosta: Arturo
Sabela Gago: Eleonor
Lino Braxe: Stomil
Nate Borrajo: Ala

FICHA TÉCNICA


Deseño de espazo escénico e deseño de iluminación: PEDRO FRESNEDA
Deseño de vestiario: Ruth Díaz Pereira
Realización de vestiario: CLOTI VAELLO, SANTOS MANEIRO
Deseño de maquillaxe: RAQUEL FIDALGO
Deseño de cartaz e programa: GHEDESIGN
Fotografía: MARIO G. HERRADÓN
Vídeo: Alba V. Carpentier
Técnico de son: RUBÉN DOBAÑO
Técnico de luz: J. MaNUEL BAYÓN
Técnico en escena: DAVID DÍAZ
Espazo sonoro: RenNata Codda Fons
Produción: ELENA SEIJO E FINA CALLEJA
Distribución: FINA CALLEJA

AGRADECEMENTOS
Universidade de Vigo, Vicerreitoría do Campus de Ourense, Maribel Feijoó, Arteficción, Artes Gráficas Rodi, Carlos Domínguez, Antonio Piñeiro, Manoli Fernández Carbajales.

DESCARGAS

CARTEL | DOSSIER


VÍDEO