PEQUENAS CERTEZAS 2014



SINOPSE


O punto de partida roza o policial e remove os cimentos dunha presa de vidas para chegar a un desenlace inesperado.

A fotógrafa Natalia (Nate Borrajo) inicia unha relación amorosa con Mario, quen vive noutra cidade. Ambos planean viaxar a un lugar afastado onde poderán comezar unha nova vida. Cando Mario regresa á súa casa pola súa maleta, enfróntase co seu irmán maior, Xoán (Fernando Dacosta), quen o descobre nunha fraude e recrimínalle a súa conduta. Discuten; Mario sae da súa casa e esa é a última vez que o ve, porque desaparece de xeito inexplicable. Natalia embarazada de Mario, dubida se abortar e visita unha clínica xunto con Olga, a súa amiga (Fina Calleja). Decide ir buscar a Mario acompañada da súa nai (Elena Seijo). Esta ausencia será o detonante que permitirá deseñar a identidade de cada un dos personaxes. Cando Natalia chega á casa onde habitaba Mario, atópase cos seus irmáns: Xoán e Sofía (Sabela Gago), que actúan á defensiva con ela, debido a que é a única beneficiaria da fraude que cometeu Mario, ao hipotecar a súa casa. Ante a persistencia da dor que os embarga, a nai de Natalia atopa o xeito de resolver os problemas da familia: failles saber que só poderán sobrevivir diante da certeza de que poden asirse ás pequenas convicións cotiás que a vida lles dá.

De ritmo áxil, intelixente e sostido.

Ademais dos temas: o amor, a orfandade, adopción, o aborto, o que máis interese provoca son os personaxes que loitan pola vida dun xeito fresco, humano e intrigante.


FICHA ARTÍSTICA

Autora

BÁRBARA COLIO

Dirección

ÁNXELES CUÑA BÓVEDA

ELENCO

FERNANDO DACOSTA: Xoán
NATE BORRAJO: Natalia
ELENA SEIJO: Nai
FINA CALLEJA: Olga
SABELA GAGO: Sofía

FICHA TÉCNICA


Deseño de escenografía: SUSO MONTERO
Deseño de iluminación: BALTASAR PATIÑO
Deseño de vestiario: MARTA ANTA
Deseño gráfico e proxeccións: EXPRESIVA
Espazo sonoro: RENNATA CODDA FONS
Deseño de maquillaxe: RAQUEL F. FIDALGO
Fotografía: OVIDIO ALDEGUNDE
Gravación e DVD: ALBA V. CARPENTIER
Publicidade e Campaña de Comunicación: XOANA PARDEVILA
Distribución: FINA CALLEJA
Produción artística e económica: CARLOS DOMÍNGUEZ DEL RÍO
Técnicos en escena: RUBÉN DOBAÑO, J.M. BAYÓN
Tradución: NATE BORRAJO

DESCARGAS

CARTEL | PROGRAMA | DOSSIER


VÍDEO