O ÚLTIMO DRAGÓN


SINOPSE


O dragón da nosa peza non é un dragón común. Trátase do derradeiro da súa especie. Porque os tempos nos que os dragóns eran tan correntes como o son agora os autobuses xa pasaron cando comeza o noso espectáculo. Será por iso que cando a princesa e o neno Telmo se achegan ao fondo da cova onde vive para acabar con el e cumprir así a tradición, o noso amigo négase a se mover: “Para que vou eu querer unha princesa? Nin sequera se me ocorrería comer unha cousa tan horrible”- di con xigantesco asombro.

Á princesa Celia tampouco lle chista pasar á historia como a causante da extinción definitiva dos dragóns e, moito menos, ter que ser rescatada por un príncipe. Todos os que coñece son bastante parvos e, desde logo, moito menos hábiles ca ela coa espada.

FICHA ARTÍSTICA

Escrita e dirixida

FINA CALLEJA

ELENCO

Sabela Gago
Elena Seijo
Nate Borrajo
Fernando Dacosta

FICHA TÉCNICA


Escenografía: A MENOS DE 7 METROS
Iluminación: JOSÉ BAYÓN
Deseño de son: RENATTA CODDA FONS
Vestiario: RUTH D. PEREIRA
Maquillaxe e perruquería: RAQUEL FIDALGO
Atrezzo: SARABELA TEATRO
Técnicos en xira: RUBÉN DOBAÑOS e JOSÉ MANUEL BAYÓN
Distribución: FINA CALLEJA e MARÍA CASAR
Produción artística e económica: CARLOS D. DEL RÍO

DESCARGAS

CARTEL | PROGRAMA


VÍDEO