O REI MORRE

SINOPSE


Despois dunha noite de esmorga, o fatuo rei Berenguer I, que creou un mundo á súa medida, aparece en escena. Os sons da festa que oímos ao entrar na sala desaparecen, e o monarca dun reino de pacotilla, que se cría atemporal, recibe a noticia de que vai morrer. Non quere crelo. Pensa que é un pesadelo e dubida de que ese momento estea preto, polo que non deixa de dar ordes coa soberbia daquel que pensa que controla todo. Asiste así aos últimos momentos da súa vida xunto á súa primeira muller, Margarida, e o seu médico, que intentan conseguir que o rei acepte que está no final da súa vida.
Mentres, a súa segunda muller, a raíña María, intenta ocultarlle esta realidade e suavizar a súa agonía.

FICHA ARTÍSTICA

Autor

EUGÈNE IONESCO

Dramaturxia e dirección

ANA VALLÉS

ELENCO

FERNANDO DACOSTA: o rei Berenguer I.
FINA CALLEJA: Margarida, primeira muller do rei.
SABELA GAGO: médico real.
NATE BORRAJO: María, segunda muller do rei.
ALFONSO MÍGUEZ: Alfonso, súbdito.

FICHA TÉCNICA


Deseño de escenografía: JOSÉ MANUEL FARO “COTI”
Deseño de iluminación: BALTASAR PATIÑO
Deseño de vestiario: RUTH D. PEREIRA
Atrezzo: SARABELA TEATRO
Deseño gráfico: JOSÉ LAMEIRAS
Selección musical: ANA VALLÉS, SARABELA TEATRO
Fotografía: OVIDIO ALDEGUNDE
Tradución: NATE BORRAJO
Gravación e DVD: ALBA V. CARPENTIER
Produción xeral: ELENA SEIJO
Técnicos en escena: RUBÉN DOBAÑO, J.M. BAYÓN
Produción artística e económica: CARLOS DOMÍNGUEZ DEL RÍO

DESCARGAS

VÍDEO


axuda-acaae-logos

Sarabela S.L. conta con financiamento da Unión Europea – NextGenerationEU, no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia.