MORGANA EN ESMELLE

SINOPSE

Morgana, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade.
Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot.
Morgana en Esmelle é unha reflexión que xira ao redor da responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos.
Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente?
No ano 2012 editouse a magnífica novela de Begoña Caamaño Morgana en Esmelle. Recibiu o aplauso de lectores e crítica (Premio Ánxel Casal, Premio Losada Diéguez, Premio ALG, Premio Nacional da Crítica).

Sarabela Teatro, emprende con paixón a adaptación
escénica desta obra inmensa, magnética e fascinate,
e dialoga coa súa autora para devolver ás
espectadoras e espectadores unha parte pequena
do seu universo único.

Viaxamos xuntas pola materia de Bretaña,
atravesamos pontes épicas e poéticas. Cosemos o
pasado ao presente para albiscar o futuro

FICHA ARTÍSTICA

 

Adaptación / dramaturxia / dirección

ÁNXELES CUÑA BÓVEDA

ELENCO

QUICO CADAVAL [MERLÍN]
FINA CALLEJA [XENEBRA]
FERNANDO DACOSTA [FILIPE, GARLOIS, UTHER, ARTUR]
SABELA GAGO [IGRAINE]
LAURA MÍGUEZ [MORGANA]
ELENA SEIJO [VIVIANA]

FICHA TÉCNICA

Adaptación / dramaturxia / dirección: ÁNXELES CUÑA BÓVEDA
Iluminación e escenografía: PEDRO FRESNEDA
Deseño de vestiario: RUTH D. PEREIRA
Coreografía: ARMANDO MARTÉN/ BETTY PÉREZ
Vídeo arte: IMAXES CARTAZ: CARLOS LAGO (TERSER HOME)
Campo sonoro: RENATA CODDA FONS
MÚSICA (nas imaxes): MERCEDES PEÓN
Fotografía:OVIDIO ALDEGUNDE
Gravación en DVD: ALBA V. CARPENTIER
Técnicos de luz e son: JOSÉ BAYÓN/ RUBÉN DOBAÑO
Deseño gráfico: PEATÓN GRÁFICO
Produción / distribución: FINA CALLEJA

DESCARGAS

VÍDEO


axuda-acaae-logos

Sarabela S.L. conta con financiamento da Unión Europea – NextGenerationEU, no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia.