FINA CALLEJA


[single_bg url=”http://sarabelateatro.com/wp-content/uploads/2016/01/fondo8.jpg”]
Fina Calleja

Egresada da Real Escola de Arte Dramático e Danza de Madrid e licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense.

Durante anos combina a actividade escénica con diversos traballos nos medios de comunicación; membro da compañía Sarabela Teatro dende 1998. Dirixe o seu interés cara o mundo da interpretación e as áreas de voz e dramaturxia. Actriz e docente na Aula de Teatro Universitaria de Ourense, asume no marco de Sarabela Teatro as responsabilidades de distribuidora e productora artística.

Recibe os premios Maria Casares ao mellor texto adaptado polas versións teatrais de O Lapis do carpinteiro e Sexismunda, galardóns compartidos con Ánxeles Cuña Bóveda e Begoña Muñoz. Interven como actriz en varias series de televisión (Padre Casares entre outras) e crea e dirixe Cristovo e o libro das marabillas  ou O último dragón, o último espectáculo infantil de Sarabela Teatro, entre outras.

Últimas montaxes con Sarabela

2007. Margar no pazo do tempo de A. Cuña Bóveda

2008. Dáme veleno eu tamén soñar de A. Cuña Bóveda

2008. Cósima de Cris Baldwin

2009. A Esmorga de Blanco Amor (Dramaturxia de Begoña Muñoz e Carlos Couceiro)

2010. Konrad de Chistrine Nöstlinger (Dramaturxia de A. Cuña Bóveda)

2010. O incerto Señor Don Hamlet de Cunqueiro

2011. Tango de Slawomir Mrózek

2011. O asombro da auga de Fina Calleja

2012. A voar de Fina Calleja

2012. A viaxe a ningunha parte de F. Fernán Gómez (Dramaturxia de A. Cuña Bóveda)

2013. A idade da pavía de Arístides Vargas

2014. Pequenas certezas de Bárbara Colio

2014. O último dragón de Fina Calleja

2015. Ensaio sobre a cegueira de José Saramago (Dramaturxia de A. Cuña Bóveda)