FERNANDO DACOSTA


[single_bg url=”http://sarabelateatro.com/wp-content/uploads/2016/01/fondo8.jpg”]

Ourense 1969.

É actor, director e dramaturgo.

En teatro é integrante da Compañía Sarabela desde 1986 participando en todas as súas montaxes, sendo algunhas delas: O lapis do carpinteiro, Sexismunda, A illa amarela, A Conxura dos necios, Así que pasen 5 anos, Caricias, O Heroe, A gata con botas, Macbeth, Cristovo e o libro das marabillas e Margar no pazo do Tempo.
Co Centro Dramático Galego estivo nas montaxes de Don Hamlet, A lagarada, Historia do soldado, Leoncio e Lena, Se o vello Simbad volvese ás illas e O ano da cometa.
Foi dirixido, ademais de por Ánxeles Cuña, directora de Sarabela, por Helena Pimenta, Ricard Salvat, Fabio Mangolini, Pere Planella, Manolo Guede, Fina Calleja ou Quico Cadaval.
Recibíu tamén formación de Albert Boadella, Sergi Belbel, Vicente Fuentes, Ángel facio, Ernesto Caballero, Martín Adjemián ou Isabel Úbeda entre outros.
Recibíu 2 premios Compostela, 3 María Casares e 1 FETEN ademais de ser 3 veces finalista nos María Casares.

En televisión partcipou en Pratos combinados, Os outros feirantes, A familia Pita, Cela Vella, Rias baixas, Xabarín Club, Cuéntame, Compuesta y sin novio, Hospital Central, Chapa e pintura ou Serramoura entre outras.
En cine A metade da vida e Pradolongo

Dirixe a Aula de Teatro Universitaria de Ourense desde 1994.

Dirixíu coa Aula Ubú rei, Hamlet, O País das últimas cousas, Vodas de sangue, Fahrenheit 451, O despertar, Totem, Frankenstein, O barón rampante, Unicornio, Odisea espacial, Un mundo feliz, Café liberdade… percorrendo teatros de España e Portugal ademais de actuar en Italia e Marrocos.

As súas montaxes recibiron numerosos premios da Consellería de Xuventude e en Festivais universitarios.

Tamén dirixíu Tres Pontes tres tempos con Sarabela, Retén con Talía Teatro ou Encerradas con Trécola Teatro (Premio Na Vangarda 2006).

Fundou a MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense) que dirixe desde 1996.

Fundou a MOTI (Mostra de Teatro Infantil de Ourense) que dirixe desde 2004.

Tamén fundou o grupo Eis da Universidade de Santiago que dirixíu 7 anos.

Realiza as dramaturxias das montaxes da Aula de Teatro Universitaria de Ourense.

É licenciado en Filoxía Hispánica pola Universidade de Santiago e ten unha memoria de investigación coa UNED do Teatro profesional en Galicia en 1993.

Últimas montaxes con Sarabela

2007. Margar no pazo do tempo de A. Cuña Bóveda

2008. Dáme veleno eu tamén soñar de A. Cuña Bóveda

2008. Cósima de Cris Baldwin

2009. A Esmorga de Blanco Amor (Dramaturxia de Begoña Muñoz e Carlos Couceiro)

2010. Konrad de Chistrine Nöstlinger (Dramaturxia de A. Cuña Bóveda)

2010. O incerto Señor Don Hamlet de Cunqueiro

2011. Tango de Slawomir Mrózek

2011. O asombro da auga de Fina Calleja

2012. A voar de Fina Calleja

2012. A viaxe a ningunha parte de F. Fernán Gómez (Dramaturxia de A. Cuña Bóveda)

2013. A idade da pavía de Arístides Vargas

2014. Pequenas certezas de Bárbara Colio

2014. O último dragón de Fina Calleja

2015. Ensaio sobre a cegueira de José Saramago (Dramaturxia de A. Cuña Bóveda)

 

Currículum en http://ignatiusrei.blogspot.com.es

Fotos en  http://ignatiusrei.blogspot.com.es/search?updated-max=2007-09-05T11:38:00%2B02:00&max-results=12