CELEBRACIÓN. A GRAN NOITE

SINOPSE


Nesta celebración vai pasar algo importante, ten que pasar algo moi importante, porque está anunciado por terra, mar e aire, porque asalta os nosos ollos e os nosos oídos, porque chegar a ese cóctel é entrar no mundo do luxo, e o luxo non é unha cuestión de cartos, é unha cuestión de gusto, de saber estar, de saber ser… persoa.

Hai que estar na fotografía do evento, onde están todas aquelas persoas que merecen a pena. E así, unha multitude de invitados e de non invitados achéganse ás portas do macroespazo onde ten lugar o evento, a celebración, o gran cóctel.

Esquecer as miserias cotiás por estar aí un momento, por sentirse convidado na gran festa.
Así pois, que deben facer agora? Agradecer que as tiveran deixado entrar ou reivindicar o seu dereito a participar na celebración. Se cadra chegoulles o momento de loitar, de ocupar a cabeceira da mesa.

FICHA ARTÍSTICA

Dramaturxia

FERNANDO DACOSTA

Dirección

DANI SALGADO

Elenco

ELENA SEIJO,
FERNANDO DACOSTA,
FINA CALLEJA,
SABELA GAGO
NATE BORRAJO

FICHA TÉCNICA


Deseño de escenografía: JOSÉ FARO
Deseño de iluminación: BALTASAR PATIÑO
Deseño de vestiario: RUTH D. PEREIRA
Maquillaxe ecaracterización: RAQUEL F. FIDALGO
Deseño gráfico: EXPRESIVA
Espazo sonoro: RENNATA CODDA FONS
Gravación e DVD: ALBA V. CARPENTIER
Distribución: FINA CALLEJA/ MARÍACASAR
Produción artística e económica: CARLOS DOMÍNGUEZ DEL RÍO
Técnicos en escena: RUBÉN DOBAÑO, JOSÉ M. BAYÓN

DESCARGAS

VÍDEO


axuda-acaae-logos

Sarabela S.L. conta con financiamento da Unión Europea – NextGenerationEU, no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia.