AVISO LEGAL


Sarabela Teatro, con domicilio na rúa Valle Inclán nº 25, oficina 13, Ourense, representada por Ánxeles Cuña Bóveda pon a disposición no seu sitio web sarabelateatro.com determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.

As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de Sarabela Teatro por parte dos USUARIOS que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expóñense ao USUARIO no sitio web sarabelateatro.com en todas e cada unha das páxinas e cada vez que un USUARIO introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, as imprima, arquive e acepte a través de internet, non podendo o USUARIO introducir os seus datos efectivamente sen que se produza esta aceptación.

O acceso ao sitio web de Sarabela Teatro implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que no mesmo se ofrecen para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

PRIMEIRA – CONDICIÓNS DE ACCESO E USO
1.1. A utilización do sitio web de Sarabela Teatro non ocasiona a obrigatoriedade de inscrición do USUARIO, a non ser que este USUARIO desexe utilizar a base de datos de artigos existentes en sarabelateatro.com onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico; esta subscrición rexerase polas condicións xerais específicas. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos e intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual etc.
Expresamente Sarabela Teatro prohibe os seguintes:
1.1.1. Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo, por calquera medio, calquera tipo de dano aos sistemas de Sarabela Teatro ou a terceiros.
1.1.2. Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos (spaming) ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede (mail bombing).
1.2. Sarabela Teatro poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detectara un uso contrario á legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais –ver cláusula quinta.

SEGUNDA – CONTIDOS
Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por:
2.1. Sarabela Teatro utilizando fontes internas e externas de tal xeito que Sarabela Teatro unicamente se fai responsable polos contidos elaborados de forma interna.
2.2. Sarabela Teatro resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.

TERCEIRA – DEREITOS DE AUTOR E MARCA
Sarabela Teatro é unha marca rexistrada. Queda prohibida a utilización allea por calquera medio da marca de Sarabela Teatro, que inclúe tanto o nome coma o logotipo, salvo consentimento expreso de Sarabela Teatro. Quedan reservados todos os dereitos. Ademais, o sitio web de Sarabela Teatro –os contidos propios, a programación e mais o deseño do sitio web– encóntrase plenamente protexido polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso de Sarabela Teatro.

CUARTA – XURISDICIÓN E LEI APLICABLE
As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Ourense, renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidese corresponderlle.

QUINTA – En caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade da mesma das presentes condicións. Sarabela Teatro poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non ocasionará en ningún caso a renuncia aos mesmos salvo recoñecemento expreso por parte de Sarabela Teatro.