|
||||||||
Case sempre traballamos con emocións de alta intensidade, pouco doadas de trasladar da táboa ao papel ou ao formato electrónico. Enchemos as nosas vidas de contido e incerteza, porque no grupo hai unha resonancia particular. O tecido interno danos calor e empúrranos a seguir vivindo. Mentres que SARABELA teña algo que desentrañar seguirá viva. Parece ser que tan só as emocións fundamentais sobreviven no tempo. Ata aquí chegamos e pode que saibamos por onde queremos ir. Os noso obxectivos: facer un teatro bo, un teatro vivo, arriscado, contemporáneo, coherente; con rigor, autocrítica, responsabilidade, resistencia… Corrixir constantemente, mellorar para anovarnos. O miolo da cuestión é que as palabras hai que velas e oílas.
Ánxeles Cuña Bóveda. Directora de Sarabela. |
quen somos: montaxes premios |
|||||||