A IDADE DA PAVÍA 2013


AUTOR: Arístides Vargas.
DIRECCIÓN: Ánxeles Cuña Bóveda.
DATA E LUGAR DE ESTREA: 4 de novembro de 2013. Teatro Principal, Santiago de Compostela.
ACTORES: 4.

SINOPSE


Arístides Vargas, autor de merecido recoñecemento internacional, interróganos e fainos sentir: A que idade se extravían os soños e as ilusións? A que idade se perde o medo á escuridade, ás ratas ou ás arañas? A que idade habería que fuxir do fogar? Que idade debe ter a pavía para ser viño e non vinagre? A que idade se pode dicir: Vellez, divino tesouro!

A Idade da pavía con dores e alegrías, con esperanzas e frustracións, dá conta dun tempo que foi, dun tempo moi parecido a outros que nos pertenceron, ou ao que pertencemos e que permanecen gardados na nosa memoria. Unha viaxe ao pasado, visto a través dos ollos de dúas irmás, de pequenas e de adultas. Unha historia de amores, rancores, esquecementos, recordos trastornados e felicidades sinxelas.

Neste universo, envolto de realismo máxico, hai mulleres paxaros que non voan, nais árbores que dan froitos que apodrecen, irmás da alma que se aman con dor e ratas que falan. Entre o olor a pavías, ábrense as portas para espiar a todas as mulleres que poboaron a infancia, desvelando os segredos que cada unha delas aloxaba no seu interior.

Construída cunha linguaxe onírica-poética e con humor sutil no que se esconde unha crítica á sociedade. A esta casa poderiamos comparala cun país, e a cada un dos personaxes coas diferentes clases de persoas que o habitan: nove mulleres. Todas moi distintas, pero que coinciden na necesidade de abandonar ese lugar onde foron felices e infelices. Ecos da memoria, do desarraigo, da marxinación.

Obra magnífica de pegada inesquecible que imanta dende o primeiro minuto. O pasado cosido ao presente, coa necesidade imperiosa de rescatar as raíces, de responder aos grandes interrogantes da existencia. Convoca á tenrura. Pon en evidencia a necesidade que ten o ser humano de non estar só, a pesar das dificultades da convivencia.

FICHA ARTÍSTICA

Autor

ARÍSTIDES VARGAS

Dirección

ÁNXELES CUÑA BÓVEDA

Axudante de dirección

NATE BORRAJO

ELENCO

FINA CALLEJA
SABELA GAGO
NATE BORRAJO
FERNANDO DACOSTA

FICHA TÉCNICA


Deseño de escenografía: LAURA ITURRALDE
Deseño de iluminación: PEDRO FRESNEDA
Deseño de vestiario: TETÉ SEOANE
Deseño de proxeccións: DIEGO B. URBANO
Espazo sonoro: RENATA CODA FONS
Deseño de maquillaxe: RAQUEL F. FIDALGO
Cartel e deseño gráfico: GHEDESIGN
Fotografía: MARIO G. HERRADÓN
Gravación e DVD: ALBA V. CARPENTIER
Publicidade e campaña de comunicación: XOANA PARDEVILA
Distribución: FINA CALLEJA E MARÍA CASAR
Produción artística e económica: CARLOS DOMÍNGUEZ DEL RÍO
Técnicos en escena: RUBÉN DOBAÑO E J.M. BAYÓN

DESCARGAS

CARTEL | DOSSIER


VÍDEO